Faustino Santalices (Bande, 16 de novembro de 1877- Madrid, 6 de decembro de 1960) foi un gaiteiro galego eo investigador máis importante de zanfona na primeira metade do século XX. Estudou Dereito en Santiago, onde coñeceu a Ramón Cabanillas. Despois de licenciarse, ingresou no Ministerio da Gobernación e foi destinado a Soria, onde viviu ata 1914 antes de regresar a Ourense. En 1918 casou con Rosa Muñiz, que o acompañou nas súas actuacións e grabacións. En 1924 foi nomeado Secretario do Goberno Civil de Ourense. Faustino escoitoulle tocar a zanfona a un cego cando neno e ficou prendado dela. Mais durante o último terzo do século XIX este instrumento estaba en vías de desaparición mesmo no ámbito popular e apenas podía verse nalgunha romaxe. Faustino colaborou co folclorista Casto Sampedro y Folgar, apontándolle os seus coñecementos. En 1922 comezou a colaborar como gaiteiro no coro ourensán De Ruada e logo con Os Enxebres. No 1927 gravou dúas pezas coa zanfona. Durante os anos da guerra construiu moitas gaitas, que regalou a soldados galegos. Posteriormente foi trasladado a Barcelona e logo a Madrid en 1944, onde colaborou coa agrupación artística Rosalía de Castro e, en 1949, editou en Madrid un disco completo, intitulado Gravaciones históricas de zanfona. Tamén escribiu o primeiro libro español sobre este instrumento, La zanfona (1956), que está baseado no método francés de Michel Corrette (1738) e mesmo inclúe algunhas das súas ilustracións. Colaborou tamén en
...